jueves, 11 de diciembre de 2014

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

DECLARACIÓN UNIVERSAL DE LOS DERECHOS HUMANOS

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) é unha declaración adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 217 A (III), o 10 de Decembro de 1948 en París, que recolle os dereitos humanos considerados básicos. 

A unión desta declaración e os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos e os seus Protocolos comprende o que se denominou a Carta Internacional de Dereitos Humanos. Mentres que a Declaración constitúe, xeralmente, un documento orientativo, os Pactos son tratados internacionais que obrigan os Estados asinantes a cumprilos.

As catástrofes das dúas guerras mundiais da primeira metade do século XX e a necesidade de evitar novos conflitos obrigaron ao mundo a crear un organismo que integrase a todos os Estados. Así xurdiron as Nacións Unidas e a condición establecida para pertencer a este organismo foi a firma de adhesión á Carta de Nacións Unidas e á Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Para poder xestionar a paz era imprescindible que existisen normas e principios aceptados por todos. Por iso, o organismo marcouse como primeira tarefa a aprobación do documento no que quedasen plasmados os dereitos e principios fundamentais que todos estaban dispostos a acatar. O tema empezou a debaterse na Asemblea Xeral no ano 1946. Estableceuse ao principio unha comisión de 18 membros que iniciou a redacción do proxecto de declaración ao longo de 1947, pero pronto o traballo recaeu nun comité máis reducido, formado por oito persoas e presidido por Eleanor Roosevelt, viúva do presidente de Estados Unidos Franklin D. Roosevelt, falecido pouco antes da finalización da Segunda Guerra Mundial. René Cassin, representante francés no comité, encargouse da última redacción do proxecto, coñecida co nome de Borrador de Xenebra. Foi debatido primeiro na comisión e en setembro de 1948 polos representantes de todos os Estados membros, que o corrixiron e deron a última redacción. O texto foi finalmente aprobado o 10 de decembro de 1948 pola Resolución 217 A (III) da Asemblea Xeral, reunida en París.

No hay comentarios:

Publicar un comentario